Hoxe é Xoves 7 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Derrota do Choco e vitoria do Atlético Villar

WhatsApp Image 2024-10-14 at 18.44.44

Os equipos locais nas diferentes ligas deixaron un fin de semana de derrotas en Preferente e Primeira Galicia. Sen embargo o CD Atlético de Villar, recén ascendido a Segunda Galicia, está demostrando a súa valía esta tempada e deixa a alegría da xornada cunha vitoria na casa contra o Colegio Hogar SR.

Preferente, Grupo 2

U.D. ATIOS – C.D. CHOCO (1-0)

O choco caeu derrotado na súa visita ao Atios na sexta xornada da liga en Preferente, nun partido tremendamente axustado e disputado, que se decidiu no último minuto a favor dos anfitrións.

Ambos equipos son favoritos para chegar aos postos altos da táboa xeral esta tempada e iso púidose apreciar no campo este domingo. O Choco trataba de librarse da presión local, que dominaron o comezo do partido, pero non conseguía saír á contra con perigo. Tras o descanso, os de Redondela deron un paso adiante e o Atios perdeu o control do partido. Despois dos cambios feitos polo adestrador na bancada conseguían selar a vitoria no minuto 90 cun gol de Eduardo Otero.

Despois desta derrota, os choqueiros sitúanse de terceiros pola cola na táboa xeral e con seis puntos acumulados gracias as dúas vitorias obtidas no que vai de liga.  A próxima xornada visitan ao Verín CF.

Primeira Futgal, Grupo 5

CAMPO LAMEIRO C.D.  – C.D. ARCADE  (2-0)

O Arcade mantense no cuarto posto da táboa xeral con doce puntos gracias aos 4 partidos gañados en xornadas anteriores. Sen embargo, a súa visita ao Campo Lameiro rompeu a racha de tres vitorias consecutivas nun partido que dominaron os anfitrións dende o comezo.

O primeiro gol que recibiron os de Arcade foi no minuto uno, tentaron presionar e aguantaron ata o final da primeira parte na defensa, sen embargo o segundo gol chegou no minuto 35 e pouco máis puideron facer para darlle a volta ao marcador. A derrota rematou cun resultado de dous fronte a cero.

A próxima semana reciben ao Atlético Cuntis , equipo na metade da táboa.

C.D. SOUTOMAIOR  – PUEBLA F.C.  (0-4)

Os de Soutomaior xogaron na casa contra o Puebla FC,  líder actual da categoría con seis vitorias consecutivas. Un partido complicado que rematou nunha derrota ampla para os anfitrións cun resultado de cero fronte a catro.

Con tres empates, unha vitoria e dúas derrotas os de Soutomaior sitúanse de decimo cuartos na clasificación. A próxima xornada visitan ao Marín CF.

Segunda Futgal, Vigo

C.D. ATLETICO VILLAR –  COLEGIO HOGAR S.R.  (3-0)

O CD Atlético de Villar conseguiu esta fin de semana a súa quinta victoria no que vai de tempada. Deron a alegría da xornada vencendo ao Colegio Hogar cun resultado de tres fronte a cero e sitúanse de sextos na táboa xeral. Este era un partido complicado xa que se enfrontaban a un dos favoritos da liga que se manteñen de terceiros no podio con doce puntos.  A próxima xornada visitan ao Tebra FC.

Os goleadores foron Niocolás Alonso (51’), Diego Pérez (56’) e Miguel Samaniego (86’).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará