Hoxe é Xoves 7 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior aplaude o compromiso do Ministerio para humanizar a N-550 ao seu paso por Arcade

manu lourenzo reunión 02

A goberno local de Soutomaior logrou o primeiro paso para avanzar na humanización da Avenida Castelao. O compromiso chegou no transcurso dunha reunión que se celebrou este xoves en Madrid e na que estiveron presentes representantes municipais e membros do Ministerio de Trasporte e Mobilidade para abordar a situación deste tramo da N-550 e a súa reforma en base a un proxecto encargado polo Concello.

Na reunión estiveron presentes o alcalde, Manu Lourenzo, o concelleiro de Infeastructuras, Pablo Garrido e o equipo redactor de Enurcoin, Enrique Urcola. Por parte do Ministerio participou o director xeral de Estradas, Juan Pedro Fernández Palomino, o xefe da demarcación de Galicia, Ángel González del Río e o xefe da unidade de estradas do Estado en Pontevedra, Pablo Domínguez Gómez.

Desde o Goberno de Soutomaior agradeceron a boa acollida por parte do Ministerio da proposta de humanización e rexeneración urbana redactada por Enurcoin, por Elena e Enrique Urcola Artillería.

O director xeral de Carreteras valorou de maneira positiva esta proposta e acordaron lanzar o proxecto de humanización deste trazado o que supón “o inicio dun proxecto que haberá que axustar e negociar as intervencións propostas para adquirir melloras e a viabilidade deste proxecto”.

O alcalde sinalou que “estamos ante un día moi importante para o futuro de Soutomaior, o inicio deste proxecto é unha das mellores novas para o municipio das últimas décadas. A partir de agora iníciase un proxecto complexo onde haberá que traballar man a man co  Ministerio para conseguir estas melloras que suporán un avance en mobilidade, vertebración e futuro do noso concello”.

Manu Lourenzo quixo tamén agradecer o traballo realizado pola  senadora del BNG Carme da Silva e a súa implicación con esta proposta e co concello de Soutomaior.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará