Hoxe é Xoves 7 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Batalla de Rande tamén se libra en Redondela

rande batalla

A Asociación Cultural e Deportiva de Rande arranca este sábado as celebracións do XI acto de conmemoración da Batalla cun desfile que percorrerá o centro da vila con paradas na Casa da Torre, na Praza da Alfóndiga, nas inmediacións da Igrexa de Santiago e no cemiterio de os Eidos a partir das 18:30 horas do sábado rememorando o acontecido no ano 1702 cando tiña lugar a famosa Batalla de Rande entre tropas angloholandesas e hispanofrancesas. 

As rúas e prazas de Redondela encheranse historia co primeiro acto do desfile e representación da Batalla de Rande que chega da man da ACD Rande coa colaboración do Concello de Redondela, e na que a vestimenta de época das tropas hispanofrancesas e inglesas poñerán a cor a un máis que atractivo desfile no que as tropas escoltan os ‘tesouros das indias’ logo da descarga dos galeóns.

Xa a vindeira fin de semana e nas inmediacións do Meirande, en pleno estreito de Rande desenvolverase o groso do programa que inclúe un mercado tradicional, obradoiros de alfarería, escritura antiga e acuñado de moedas. Non faltará a concentración de embarcacións tradicionais e xa as doce do mediodía do sábado 19 está previsto o recibimento do Príncipe de Barbanzón e posterior desfile. As representacións prolongaranse durante a tarde con actuacións que buscan servir para que todos os asistentes coñezan o que aconteceu en Rande hai xa 322 anos.

Unha programación que busca ofertar actividades para todos os públicos e todas as idades.

A escenificación deste ano, tanto o día 12 en Redondela como na vindeira fin de semana no Meirande, inclúe novidades que buscan facer esas representacións máis dinámicas e que como sempre contará cos veciños da zona como actores principais.

A Asociación Deportiva e Cultual de Rande ostenta dende o pasado ano o distintivo Q de calidade turística outorgado polo Instituto para a Calidad Turística Española (ICTE) “froito do seu traballo por poñer en valor un evento histórico como foi a contenda naval acontecida na ría o 23 de outubro de 1702 entre as escuadras anglo-holandesa e hispano-francesa”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará