Hoxe é Venres 15 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Actividade de Cross Training de balde na Alameda de Castelao

82278794_923869611343748_7215552698026819584_n

O Concello de Redondela e a empresa Training Norte poñen en marcha unha actividade de balde para toda a veciñanza na que se darán a coñecer as pautas do acondicionamento físico individual ou Cross Training. Terá lugar este sábado 12 de outubro ás 10:00 horas na Alameda de Castelao, despois de cancelarse a anterior xornada destinada a esta actividade.

Training Norte é unha plataforma de acondicionamento físico para atletas individuais e centros de adestramento funcional que tem sede en toda Galicia e que tamén traballa en Redondela. As instalacións atópanse na Rúa do Muro, 39.

O Cros Training – tamén coñecido como adestramento funcional – é un deporte que engloba diferentes exercicios de alta intensidade, tanto de forza como cardiovasculares, para traballar todos os grupos musculares. O seu principal obxectivo é potenciar a condición física do deportista e incrementar o seu rendemento deportivo.

Trátase dun tipo de adestramento en que o nivel de intensidade vén marcado pola carga ou ben pola velocidade na execución do exercicio. Unha sesión adoita durar unha media dunha hora e componse pola fase de quecemento, a práctica de exercicios cardiovasculares e de musculación e a volta á calma para estirar e recuperar o corpo tras o esforzo físico.

O obxectivo da actividade, ademais de facer promoción do propio ximnasio é o de promover a saúde e o benestar da poboación da cidade. Tratarase dunha clase completamente gratuíta ao aire libre para todos aqueles que se queiran unir  e no caso de choiva, trasladarase ás instalacións de Training Norte na Rúa do Muro, 39. Para máis información poñen a disposición o teléfono de contacto 664 613 609.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará