Hoxe é Domingo 13 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A nova pasarela peonil que dá acceso ao Santiago Apóstolo xa está operativa

pasarela peonil

A conselleira de Vivenda e Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitou a renovada estrutura, que ofrece un itinerario peonil cómodo e seguro especialmente para os preto de 500 escolares do CPR Santiago Apóstolo, situado nas inmediacións. A estrutura esténdese ao longo de case 200 metros e está elaborada en plástico reciclado. A Xunta investiu máis de 430.000€ nos traballos da nova pasarela

A conselleira de Vivenda e Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto cos representantes municipais co alcalde a cabeza, visitar a pasarela que busca mellorar a seguridade vial na zona, ofrecendo un itinerario peonil para favorecer o tránsito seguro dos peóns pola PO-244, especialmente dos alumnos do centro Santiago Apóstolo, situado nas inmediacións.

Allegue destacou, ante representantes da comunidade escolar, na que estudan preto de 500 escolares, que a nova estrutura, elaborada en plástico reciclado e apoiada sobre pilotes do mesmo material, substitúe á anterior de madeira, que estaba deteriorada, e esténdese ao longo de 180 metros. Na súa construción, a Xunta investiu máis de 430.000€ e a conselleira indicou que o materia utilizado, plástico reciclado, garante unha maior durabilidade e enmárcase “na aposta desta Administración por ser respectuosos coa contorna con infraestruturas sostibles”.

Pola súa banda o alcalde aproveitou para solicita á conselleira unha nova xuntanza para valorar necesitades do concello como é o estado da Xosé Solla.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará