Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Seis profesionais danse cita no obradoiro con Barqueira e Remador na Illa de San Simón

Con barqueira e remador 24

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visitou aos participantes do obradoiro coincidindo co Dia Internacional da Tradución. A iniciativa celébrase de xeito simultáneo cunha estadía para promover a creación entre autores e autoras.

Trátase de iniciativas impulsadas pola Xunta de Galicia que busca fornecer aos escritores dun entrono especial que potencie a súa creatividade. Os seis profesionais que comezaron onte o obradoiro de tradución poética Con barqueira e remador, baixo a coordinación da poeta Yolanda Castaño é unha actividade que busca “estimular e promocionar a creación poética en diversas linguas potenciando o intercambio cultural entre os participantes. Ademais, este tipo de propostas “fomentan a proxección internacional da poesía galega”.

A iniciativa, reúne durante unha semana a poetas e tradutores chegados de seis territorios lingüísticos que estarán traballando co romanés, catalán, serbio, español de Colombia, maltés e galego. Deste xeito, os autores Radu Vancu, de Romanía; Petar Matovic, de Serbia; Nadia Mifsud,de Malta; Andrea Cote, de Colombia; Martí Sales, de Cataluña, e Jesús Castro Yáñez, de Galicia,convivirán na illa ata o 5 de outubro permitindo que “aprendan da nosa cultura e lingua galegas”. No marco destas actividades, Anxo M. Lorenzo tamén anunciou que haberá tres recitais, abertos ao público, o vindeiro mércores día 2 e o xoves 3, na libraría Metáfora de Pontevedra e no local vigués da Asociación Évame-Oroza, respectivamente. Finalmente, o venres o Teatro Principal de Pontevedra acollerá a diversos clubes de lectura de centros de secundaria para amosar estas creacións literarias.

Coincidindo con esta estadía, o director xeral de Cultura tamén recibiu os cinco profesionais que participan na nova quenda da II Residencia Literaria Illa de San Simón, onde apuntou que a boa acollida desta proposta fixo que nesta última convocatoria se duplicasen as prazas, “ofrecendo acada vez máis persoas a posibilidade de vivir unha experiencia única mentres traballan nos seus proxectos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará