Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela acolle a final da XXIX Liga Galega de Fútbol Sala Adaptado

440343323_823954146423318_3364615331334551549_n

A Federación Galega de Deporte Adaptado (FGDA), organiza en Redondela a 3ª e última xornada da liga Galega de Fútbol Sala na que participan equipos de toda a comunidade e que terá lugar mañá mércores 2 de outubro nas instalacións do Pavillón Municipal ‘A Marisma’ de Redondela.

Unha cita que enfronta a 18 equipos de toda Galicia con case 150 deportistas que compiten en 3 categorías: Competición e Adaptada Masculina e Adaptada Feminina. Dende a organización, a secretaria xeral da Federación Susana García, explica que “cada ano participan máis deportistas e tamén aumentou o número de mulleres interesadas polo que este ano serán máis partidos que o anterior”.

“Sempre desenvolvemos a liga de Fútbol Sala en Redondela, despois outras localidades acollen outros deportes adaptados”, García.

Entre os integrantes da competición atópanse na categoría Competición a Fundación Celta Integrada, ASDAN , Difunga e San Rafael; Por outra banda, a categoría de Adaptada Masculina este ano está dividida en dous grupos, o Grupo “A” está composto polos equipos  Fund. Celta I “A”, Juan María, Juan XXIII, Los Milagros “B” e San Rafael; o Grupo B está composto por Aspanaex, Fund. Celta I “B”, , Los Milagros “A”, Saladino Cortizo e ACEESCA; Por último, na categoría Adaptada Feminina atópanse ASPAVI, Méndez Núñez, Saladino Cortizo e Vilagarcía.

“A categoría de competición ten o reglamento convencional do fútbol sala, as modificacións fanse na categoría adaptada”, García.

A competición terá lugar en horario de mañá a partir das 10.30 horas e cara o medio día comezará a entrega de trofeos. Xogarán dous tempos de 12 minutos a reloxo corrido.

“Para que poidan xogar todos haberá partidos simultáneos nos que se comparte a pista”, García.

Durante a entrega de trofeos estarán presentes a secretaria da Federación Susana García, o director técnico da Federación Domingo Salinas, a alcaldesa Digna Rivas e o Concelleiro de Deportes Iván Valles.

Entrevista completa a Susana García.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará