Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As mozas da SAR Rodavigo gañan o primeiro partido de liga na casa

461507157_1049962043805389_1433151870410782666_n

O equipo de División de Honra Prata feminino da SAR impúxose esta fin de semana ao Juventud Las Palmas no Pavillón Municipal da Bomboneira. Un partido intenso no que levaron a dianteira dende o comezo e que tivo como resultado 27 goles fronte a 19 no marcador.

Desde o inicio, as mozas da SAR levaron a dianteira, mantendo o control no marcador durante todo o encontro, grazas a unha defensa sólida e ataques rápidos e eficaces. No descanso o marcador estaba en 14 goles fronte a 10. Na segunda metade, aumentaron aínda máis a súa vantaxe superando en nove goles ás rivais no minuto 39’. Con todo, o Juventud Las Palmas logrou recortar distancias aproveitando algúns erros e imprecisións no ataque. A pesar deste momento complicado, a SAR Rodavigo soubo recompoñerse e volveu ampliar a súa vantaxe, controlando os minutos finais do partido e asegurando unha vitoria merecida. O resultado final foi de 27-19.

As de Redondela levan dúas xornadas de liga nas que conseguiron un empate contra o BM Porriño e unha vitoria, a xa mencionada, contra o Juventud Las Palmas. Este bo comezo de tempada permítelles sumar tres puntos na clasificación xeral e situarse de terceiras na táboa por debaixo do Meaño e o Gijón. O seguinte partido é contra o Rocosa para o que se desprazan ata o Pavillón Insular Antonio Moreno en Gran Canaria.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará