Hoxe é Domingo 13 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O apoio dos nacionalistas permítelle ao PP abrir unha porta para manter a Alfonso XII no rueiro municipal

alfonso XII

A enquisa popular para elixir o futuro nome da rúa deberá incluír entre as súas opcións o nome do monarca. Así se recolle na moción presentada polo Partido Popular e que saíu aprobada no pleno de onte ao contar co apoio dos tres edís do BNG.

Os populares reclamaban que a enquisa popular que vai elixir o futuro nome da céntrica rúa de Redondela non vete ningunha proposta e inclúa tamén o nome de Alfonso XII. E nesa loita atoparon un aliado inesperado. A formación nacionalista, malia defender que se elimine o nome do Borbón do rueiro municipal puntualizaba que “o democrático é non vetar ningunha das opcións posibles” polo que votou a favor da moción. Non así PSOE e AER quen insistiron en que o xa aprobado o pasado 5 de setembro establecía “o cambio de nome, polo que non hai lugar a que se manteña o actual”.

Os populares lembraban na súa exposición o acontecido na sesión anterior cando se aprobaba unha moción presentada por 20 colectivos de Redondela que foi asumida polo equipo de goberno e na que se establece o cambio de nome da Rúa Alfonso XII así como someter o seu nome futuro a consulta da veciñanza a través da paxina web do Concello propoñendo como primeira opción Rúa da Fraternidade. Criticaba o edil Iván Crespo a falta de talante democrático do goberno local que “na consulta a veciñanza que pretende vetar  determinados nomes de rúa e impoñer outros na votación”. Por este motivo o grupo popular reclama que en dita enquisa “non se vete ningunha proposta que queiran propoñer os veciños e veciñas, incluíndo o nome actual da rúa”.

iván Crespo, PP

O PP atopaba aquí un aliado inesperado. A nacionalista Jéssica García explicaba que a súa formación “está de acordo en retirar o nome dun Borbón do rueiro municipal, pero o democrático é que non se censure ningunha das propostas mentres non vaia en contra da memoria histórica”. O BNG acusou ao goberno de falta de valentía á hora de acometer o cambio do nome desta rúa o que favorece que se cree un ambiente de confrontación entre a veciñanza provocada polo propio equipo de goberno.

Jéssica García, BNG

O edil de AER insistía en que o tema xa quedara resolto no pleno anterior “cando democraticamente xa se votou que se cambiara o nome” pero o PP non o acepta e decide, explicaba Roberto Villar, facer unha guerra deste asunto.

Roberto Villar, AER

A socialista Iria Vilaboa acusaba aos populares de enganar aos veciños e veciñas que asinaron a petición para que se manteña o nome de Alfonso XII e cualificaba dunha insensatez unha moción “que é unha pataleta que só busca quentar a veciñanza”.

Iria Vilaboa, PSOE
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

  1. Bueno bueno si fose para o da vivienda ninguen se poñia a que se fixera enfin está claro que o que ten casa propia pouco lle importa que non a ten política barata e absurda

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará