Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

San Simón acolle unha xornada de debate en torno a xestión dos lugares de memoria da represión franquista

xornada san simón

A xornada terá lugar o venres 4 de outubro e está aberta a toda persoa que queira achegarse previa inscrición na páxina do Consello da Cultura Galega. Profesionais da historia e das políticas de memoria de diferentes institucións e puntos de Galicia, Cataluña e Navarra, debaterán os aspectos máis prácticos da xestión da memoria, partindo de experiencias concretas e comparativas.

A xornada de debate que se desenvolverá o día 4 busca dar resposta a unha cuestión non exenta de polémica: que facer cos espazos de memoria da represión franquista en Galicia. O obxectivo sería conseguir que eses espazos sigan vivos na lembranza como homenaxe ás vítimas e fonte de aprendizaxe para a convivencia democrática. Co obxecto de compartir ideas ao longo de todo un día contarase con diferentes profesionais que porán en común as experiencias realizadas en diferentes lugares de memoria emblemáticos en Galicia e noutras zonas.

Xosé M. Núñez Seixas da Universidade de Santiago de Compostela e do Consello da Cultura Galega, José Miguel Gastón do Instituto Navarro de la Memoria e Queralt Solé da Universitat de Barcelona será algún dos participantes nun programa que rematará cunha mesa redonda moderada por Montse Fajardo e na que se exporán diversas experiencias vinculadas con lugares de memoria: Manuel Pérez Lorenzo (Pazo de Meirás), Xosé Manuel Suárez (Castelo de San Filipe, Ferrol),,Cristina Fiaño (Exposición O Vello Cárcere, Lugo) e Digna Rivas (Illa de San Simón).

Unha xornada que se desenvolverá nun espazo tan simbólico como é a illa de San Simón organizada polo Consello da Cultura Galega e o Concello de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará