Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Preocupación en Pazos de Borbén pola instalación dunha liña de alta tensión con 24 torretas

pazos

O BNG da localidade alerta dos seus “graves impactos ambientais e patrimoniais” e traslada ao pleno unha moción para reclamar á Xunta de Galiza que denegue a autorización deste proxecto que afectarías ás parroquias de Xunqueiras, Borbén, Pazos, Amoedo, Cepeda e Nespereira. A formación ten previsto reunirse coas comunidades de montes e coa veciñanza para informar sobre as afeccións e formular alegacións.

O Bloque Nacionalista Galego oponse á instalación dunha liña de alta tensión (LAT) que atravesaría Pazos de Borbén. “Esta infraestrutura prevé 24 torretas que atravesan montes comunais e incluso zonas habitadas, xerando un impacto devastador sobre o noso entorno natural, histórico e social”, advirte o portavoz municipal da formación, Xurxo Besadío, alertando de que esta instalación ameaza seis.

Dende o Bloque denuncian que o proxecto suporá a destrución de importantes elementos do patrimonio arqueolóxico e cultural do concello, como petróglifos e mámoas. No mesmo sentido, avisan de efectos ambientais “extremadamente preocupantes” sobre zonas de alto valor natural, ecosistemas e espazos protexidos, ademais de afectar os mananciais das traídas de augas comunais.

“A instalación desta liña de alta tensión tamén terá un impacto negativo sobre a calidade de vida da nosa veciñanza, castigando aínda máis a parroquias como Borbén e Nespereira que xa sofren liñas de alta tensión a escasos metros da que agora se proxecta” critica Besadío.

A fronte nacionalista anuncia a celebración de encontros nas vindeiras semanas coas comunidades de montes e coa veciñanza das parroquias ameazadas. Un diálogo que, reprocha o portavoz municipal, debe abrir tamén a Xunta de Galiza para garantir a participación da poboación afectada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará