Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O ceo de Redondela cuberto polo fume dos incendios de Portugal

1de8e920-a396-4fd5-93f4-6130e38ccb11

Redondela, Vigo e outras cidades espertáronse cun forte cheiro a queimado procedente da vaga de lumes que arrasa ao país veciño e o ceo cuberto cun pano alaranxado.

A vaga de incendios no Centro e Norte de Portugal que se cobrou xa sete vidas alcanzou hoxe o sur de Galicia e tamén afectou ao noso municipio. A previsión de Meteogalicia apunta a unha xornada solleira, pero o sur galego amenceu completamente cuberto polo fume das decenas de incendios que arrasan en país veciño. Os ventos empuxaron un denso pano que, a primeira vista pode parecer néboa. Con todo, o intenso cheiro a queimado delata a súa procedencia.

A vaga de incendios mesmo partiu o país veciño pola metade obrigando a cortar multitude de estradas e vías ferroviarias. Más de 6.200 efectivos están a traballar na extinción dunhas chamas que arrasaron 62.000 hectáreas desde o domingo.

En Portugal a situación continúa sendo de alerta máxima polos incendios. Unha alarma que se manterá polo menos ata mañá a última hora da noite.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará