Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior reparte preto de 1000 axendas escolares nos centros públicos do municipio

ROSANA COMESAÑA, MANU LOURENZO E PILI

O concello de Soutomaior repartiu de xeito gratuíto 1000 axendas para o alumnado dos centros educativos públicos do municipio. Deste xeito, o alcalde  Manu Lourenzo e a concelleira Rosana Martínez Boullosa,  repartiron para os máis cativos do concello 40 axendas na Galiña Azul de Soutomaior, 400 no CEIP Manuel Padín Truiteiro  para o alumnado de primaria, 15 na Escola de Educación Infantil de Romariz e 500 no IES Soutomaior.

Unhas axendas que contan con dous deseños, un específico para infantil e primaria e outro, máis xuvenil, para o alumnado do Instituto. Estas contan con toda a información sobre os períodos vocacionais que o alumnado terá neste curso escolar, das celebracións e festexos locais e das conmemoracións máis destacadas, vencelladas co eido educativo,  no que resta de ano e do 2025.

A volta ao cole comezou no Concello de Soutomaior con total normalidade coa matrícula de 355 alumnos no CEIP Manuel Padín Truiteiro, de 427 no IES de Soutomaior, de 30 na Galiña Azul e de 10 alumnos na Escola de Educación Infantil de Romariz.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará