Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

‘Eureka Reto Rural’ remata o seu percorrido cunha escape room para coñecer a historia de Redondela

Villa-Marinera-Casco-Viejo-Vello-Redondela-01

 “Eureka Rural” está a levar a súa aventura polos 14 concellos do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, explorando o territorio a través dunha serie de xogos de escapismo que permiten coñecer dun xeito orixinal a historia do municipio. A vindeira cita terá lugar o mércores 14 de agosto en Soutomaior e terá a “María Vinyals” como protagonista. E no caso de Redondela, que tamén participa nesta iniciativa e pon punto e final ao proxecto, a cita será o 20 de setembro co foco no patrimonio histórico e cultural do noso municipio.

O escape room de Redondela partirá ás 20.00 h da Alameda de Castelao para desfrutar dunha ruta circular de dificultade moderada. As persoas que desexen participar deberáninscribirse de forma individual a través do formulario habilitado na web do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño e acudir ao punto de encontro. Todas e todos os menores de 12 anos deben ir acompañados dunha persoa adulta. Para as persoas que non poidan desfrutar desta experiencia o día do estreo, o escape room permanecerá aberto ao público durante un mes a través da web do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño.

A presidenta de EuRural, Sandra González, resaltou a grande acollida deste programa “que fusionou turismo rural e entretemento ao longo dos últimos meses con grande éxito, permitíndonos coñecer os lugares máis emblemáticos do noso territorio. É un orgullo ver o impacto positivo que tivo nos nosos concellos, ofrecendo unha forma de descubrir as nosas vilas dun xeito lúdico, divertido e orixinal que atraeu a veciñanza e visitantes”.

O alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, convidou ao público a inscribirse no escape room e sinalou que esta iniciativa “supón unha grande oportunidade para coñecer a historia do municipio dun xeito lúdico e orixinal”. ‘Eureka Reto Rural’ vai ofrecerlle tanto á veciñanza como aos visitantes “unha experiencia única na vila de Redondela, cun atractivo percorrido por lugares emblemáticos como os viadutos, o Cemiterio dos Eidos, a Igrexa de Santiago, o Pazo de Petán ou a fervenza da Feixa, así como coñecer a historia de símbolos como a Coca ou Xan Carallás”.

O vindeiro venres 20 de setembro o Concello de Redondela acollerá un encontro que prevé o mesmo éxito de edicións anteriores, unha cita na que as persoas participantes se enfrontarán a unha nova aventura chea de enigmas e desafíos que permitirán coñecer de forma lúdica e interactiva os segredos da vila. O equipo gañador do escape room de Redondela poderá desfrutar dunha estancia con aloxamento e almorzo para seis persoas nos apartamentos turísticos Alto da Pousa, en Tomiño. Ademais, o Concello de Redondela sorteará tres lotes de produtos do territorio entre todos os grupos participantes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará