Hoxe é Martes 12 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bas: “Que o Concello de Redondela tarde 1.000 días en pagar facturas non é para que a alcaldesa presuma”

pp_redondela-678x381

O voceiro municipal do PP considera “un insulto” aos veciños e provedores que a rexedora alardee de que se acaban de pagar obras e servizos dos anos 2021, 2022 e 2023 e tilda de “surrealista” que o califique de tempo récord cando é unha clara neglixencia política e asegura que esta xestión debería levar “a súa dimisión”.

Deste xeito, o voceiro do PP, Javier Bas, valorou o anuncio da rexedora de que se veñen de acometer pagos de obras e servizos por valor de 2,7 millóns de euros correspondentes aos tres exercicios anteriores. Tamén estima que achacar o retraso ao problema informático do programa de contabilidade, que tivo lugar o pasado ano, “é mentirlle directamente á cidadanía para agochar a nefasta xestión económica, que segue incrementando o pago aprovedores ata 163 días de media”.

Finalmente, recalcou que “Redondela ten importantes problemas financeiros pola exclusiva responsabilidade do goberno socialista, xa que se presume dun remanente que se constrúe unicamente a base de non pagar as facturas, pero paralelamente se ten afogados aos autónomos e empresas que traballan para o Concello con retrasos esaxerados no pago das súas facturas”. Sinala que, “segundo os datos oficiais do Ministerio de Facenda, o Período Medio de Pago a Provedores (PMP) xa se elevou ata os 163 días ao peche do segundo trimestre deste ano cando no período anterior deste mesmo 2024 estaba fixado en 137 e o máximo legal é de 30 días”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará