Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A fráxil convivencia entre bañistas e katesurfistas en Cesantes

socorristas

O responsable do servizo de socorrismo Andrés Piñeiro, recoñece que este servizo recibe queixas constantes “por parte de ambos bandos”. Subliña que os bañistas consideran que as cometas invaden a zona de baño ao chegaren as táboas moi próximas a area co conseguinte risco para os seus usuarios mentres que os propios riders critican que os bañistas ocupen o espazo delimitado para eles para facilitar a súa entrada e saída da auga.

Axentes da Policía local de Redondela achegáronse na pasada fin de semana ata a praia da punta en Cesantes logo de seren requiridos polos socorristas a peticións dos propios usuarios do areal. Os bañistas queixábanse da proximidade dos kitesurfistas á beira do mar, invadindo o espazo que está restrinxidos para eles e que debe ser so de uso dos bañistas, así como a caída de varias velas sobre a propia area co conseguinte perigo para os que se atopaban na zona tomando o sol nunha xornada de elevadas temperaturas.

Axentes da policía local achegáronse ata o areal para informar os riders de que estaban a realizar prácticas ilegais na zona e convidalos a saír cara o interior da ría no caso de seguiren practicando coas súas táboas.

Malia recoñecer que as veces hai comportamentos irrespectuosos, Piñeiro asegura a maior parte dos deportistas, especialmente os que son de Redondela, adoitan comportarse correctamente. Cando hai algún conflito o papel dos socorristas é “mediar e garantir a seguridade”. Lamenta Piñeiro  

que non haxa un regulamento municipal que regule esta actividade “porque así contaríamos cunha base para recriminar a quen non cumpra esas normas

Un verán que está a ser “o máis tranquilo dos últimos anos, con pouquísimos incidentes e os que se producen son de pouca relevancia e sen picaduras de anémonas que nalgún ano se contaron por centos”.

A única incidencia foi un par de rapaces que se afastaron demasiado da praia e tiveron que seren rescatados polos socorristas, pero afortunadametne todo quedou nun pequeño susto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará