Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Ministerio de Transportes compromete un apeadeiro en Chapela

Estación de Chapela

Foto: Antigo apeadeiro de Chapela

O contrato de 48,8 millóns de euros para a renovación integral da liña entre Redondela e Guixar busca reforzar o tráfico de viaxeiros e mercadurías neste eixo estratéxico no Corredor Atlántico e inclúe, entre outras actuacións, un novo apeadeiro na parroquia de Chapela cun anden de 220 metros e unha ubicación próxima a un aparcamento e unha pasarela peonil sobre as vías.

Un compromiso que devolverá a comunicación ferroviaria a unha parroquia que perdeu este servizo hai trece anos trala clausura da liña de Urzaiz e o traslado dos trens pola liña de Rande deixando sen servizo a vía que cruzaba este barrio e que se converteu na actual Vía verde peonil.

Agora o Ministerio de transportes compromete a través de dous contratos un investimento de 48,8 millóns de euros que a servirá para modernizar o tramo de 13 kilómetros entre Vigo-Guixar e Redondela. Un dos contratos de 36,5 millóns inclúe a renovación da vía con actuacións nas estación de Redondela e Vigo Guixar, o túnel de Vigo e o apeadeiro de Chapela.

Especifica o Ministerio de na estación de Redondela construirase un novo andén central, ampliarase a súa lonxitude e aumentarase a altura do resto conectando todos cun novo paso inferior. No caso de Chapela habilitarase un novo apeadeiro cun anden de 220 metros “nunha ubicación próxima a un aparcamento e a unha pasarela peonil sobre as vías”. Con esta medida engaden “melloraranse as condicións de mobilidade dos cidadáns e a integración do ferrocarril na contorna”

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará