Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PXOM de Redondela recibe máis de 1.300 alegacións trala súa exposición pública

pxom

Unha parte importante das alegacións presentadas por colectivos e veciñanza ao longo dos últimos tres meses reclaman modificacións no solo que lles permitan construír nas súas parcelas. Agora ábrese un longo proceso de “revisión e catalogación” de todas estas alegacións que serán avaliadas no último trimestre do ano nunha reunión de traballo entre o equipo redactor, os técnicos municipais e o goberno local. A aprobación provisional do PXOM non será antes de ano e medio.

A alcaldesa Digna Rivas, tras valorar moi positivamente as 1.311 alegación presentadas pola cidadanía neste período de exposición así como as máis de 1.400 consultas realizadas na oficina técnica e as 22.200 visualizacións contabilizadas no visor dixital, lembrou que dende o goberno local darase a batalla para que a Xunta acepte o maior número de alegacións.

Con estes datos en canto à participación e consultas entende que se logrou o obxectivo buscado que era que “toda a veciñanza tivera a oportunidade de coñecer o PXOM polo miúdo e poder presentar as modificacións que consideraran oportunas”.

Insistiu en que este “non é o Plan Xeral que queremos, o que queremos é un documento urbanístico que nos permita medrar, sobre todo as parroquias e iso é o que imos reclamar ante a Xunta”. Dito isto tamén lembrou que o noso concello está afectado por todo tipo de infraestruturas o que complica e moito a noso desenvolvemento”.

En todo caso “antes de levar o PXOM á aprobación provisional do pleno da corporación, o Concello solicitará unha xuntanza coa Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia para trasladarlles as necesidades de Redondela e a incorporación das alegacións que queremos facer ao plan”. Esta reunión de traballo podería celebrarse no primeiro semestre do ano que vén.

Unha reunión que busca que o goberno galego atenta o maior número posible das alegacións presentadas “a maior parte das cales están moi ben xustificadas porque contaron co asesoramento necesario por parte do equipo técnico”.

O concelleiro de Urbanismo, Antonio Cabaleiro, explicou tamén que se trata dun proceso moi longo, ao que hai que engadir de xeito paralelo os informes que acheguen outras administración polo que a aprobación provisional non se producirá ante de “ano e medio ou dous anos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará