Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nisi Otero, Patroa Maior: “O noso obxectivo é reducir a importante débeda que arrastra a confraría”

nisi otero

Logo de dous meses como Patroa Maior en funcións, logo de asumir os mandos da confraría trala renuncia do seu predecesor no cargo, Xoel López, Nisi Otero ven de gañar as eleccións celebradas o pasado venres. Acompañada dun equipo “integrador, con representantes de todos os sectores do mar” embárcase nesta nova etapa co obxectivo de mellorar “a complicada situación económica que atravesa o pósito”.

Entre as dúas candidaturas presentadas a liderada por Nisi Otero logrou o maior apoio dos socios o que a converte en Patroa maior, logo de que asumira os mandos da confraría en funcións trala renuncia do seu predecesor hai xa dous meses.

Por diante ten máis de dous anos ao fronte da confraría cunha directiva na que hai representantes de todo os sectores do mar: cerco, artes menores, marisqueo a flote e marisqueo a pé. Fran Pereira e vicepatrón primeiro mentres que Ana Sotelino asume o cargo de vicepatroa segunda.

O principal reto é superar a complicada situación económica da confraría. Un equipo que terá que enfrontarse a unha débeda avultada (da que prefire non dar datos concretos) que se foi acrecentando nos últimos catro anos e uns ingresos que “non foron os esperados”. Neste sentido indica que se reduciron notablemente debido primeiro polo parón do Covid e posteriormente pola menor produción do mar e o descenso no número de socios

Con preto de 200 socios, dos que máis da metade son mariscadores, xustamente a elevada mortandade do marisco nos últimos meses, debido entre outros factores ás elevadas chuvias que provocaron unha caída da salinidade da auga e polo tanto a morte do marisco, supuxeron unha caída de ingresos procedentes deste sector. Ante esta situación consideran “urxente rexenerar o mar”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará