Hoxe é Luns 22 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela conmemora o día do Orgullo LGTBIQ+ cunha festa Holi ou “das cores”

Orgullo.2024.05768672-eadc-446d-8df3-fbc5e245c1dd

O Concello de Redondela reafirma a súa aposta pola diversidade cunha xornada de actividades que se celebrará o próximo venres, 28 de xuño, con motivo da conmemoración do Día do Orgullo LGTBIQ+.

A concellería de Igualdade, que dirixe Iria Vilaboa, comezará as actividades ás 11.00 horas en Chapela, na Senda Verde, coa creación dun novo mural a cargo da artista gráfica redondelá Paula Amoedo. O novo deseño, no que participará mocidade do grupo “Axentes do cambio”, plasmará “o orgullo da cidadanía redondelá por unha sociedade diversa e tolerante” sinala Vilaboa.

As 20:00 horas na pista da Xunqueira celebrarase a festa Holi e un taller de maquillaxe. Esta festa, de orixe hindú e moi popular agora en Galicia, consiste en lanzar cores ao aire con total liberdade, cubrindo tanto corpos como roupas con pigmentos vibrantes para celebrar o Orgullo nas rúas de forma chamativa e alegre. Utilizaranse todas as cores do arco da vella, con pos biodegradables e hipoalerxénicos. Serán dúas horas de música, xogos e cor, cun DJ que amenizará a xornada con música. Esta é a primeira vez que Redondela acolle un festexo destas características, “unha festa das cores que celebra as diferenzas das persoas e tamén a súa unión”, explica a concelleira. Haberá tamén un taller de maquillaxe nunha carpa con monitores para que todas as persoas que asistan á festa Holi poidan maquillarse en calquera momento da actividade.

A alcaldesa, Digna Rivas, lembra que Redondela sempre apostou “pola diversidade, a tolerancia e a igualdade de dereitos, e con esta festa queremos celebrar a diferenza”. Insiste Rivas no convencemento de que “só co respecto e a tolerancia poderemos alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria”.

O Concello de Redondela anima a veciñanza a sentir o orgullo de vivir nun dos municipios que máis respectan os dereitos das persoas LGTBIQ+, que apoia ás asociacións e colectivos minoritarios e que conta con bancos arco iris nas parroquias, bancos coa bandeira trans en colexios e institutos, ademais da gran bandeira no lateral do Multiusos da Xunqueira e grafitis coas cores LGTBIQ+ tanto en Chapela como en Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará