Hoxe é Luns 22 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O atletismo redondelán suma dúas pratas no Campionato de Galicia Absoluto e no Sub-23

WhatsApp-Image-2024-04-30-at-11.20.32

O Club de Atletismo de Rredondela (CAR) volve sumar medallas na sua participación nas citas deportivas da pasada fin de semana, o LXXXIX Campionato Xunta de Galicia Absoluto e XXXIV Sub 23 celebrado en Balaídos.

Iván Lago Fontán na categoría sub23 proclamouse subcampión galego na proba de salto de altura, mellorando a súa marca persoal (1,73), mentras que na categoría absoluta, Gael Couñago Romasanta, sub18 proclamouse subcampion galego absoluto tamén na proba de salto de altura cunha marca de 1,86 por detrás de Adolfo Saínz-maza Villar do RC Celta que o superou cunha marca de 1,89. No campionato absoluto tamén participaron Nerea Lago Pires, Andrés Corugeira Ligero e Guilherme Vicente Vaz, os tres da categoría sub20.
Uns atletas que non paran e que teñen unha nova cita o vindeiro sábado 22 de xuño, neste caso coa participación de Gael Couñago que representará ao CAR no Campionato de España de Federacións autonómicas sub 18 que se celebra en Pontevedra.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará