Hoxe é Luns 22 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os castrexos regresan a Santo Estevo

cadeira da mouta

A asociación de veciños de Santo Estevo de Negros –cunha nova directiva dende hai tan só uns meses baixo a dirección de Toño Figueroa – ten en marcha un programa de actividades que busca “facer parroquia” e recuperar tradicións que estaban no esquecemento. Dentro desas propostas organizan este venres día 21 unha noite castrexa, unha festa de carácter familiar que busca achegar a historia local ao máis cativos.

En torno ao Castro de Negros e aos xacementos alí existentes farase unha xornada de celebración pagá aproveitando a celebración do solsticio de verán na que os participantes coñeceran a lenda da moura-serpe asociada a este castro.

Convidan a nenos e nenas a achegarse o venres ás 21:00h ao centro cultural. Dende aí irán ata a cavidade do Castro para descubrir se a moura sae da cova e contarlles a lenda dunha “moura que chegaba ata alí en forma de serpe, reptando polo chan ata súa “cadeira”, ocupada polo mozo que agarda, enroscándose no seu corpo e poñendo a proba o valor do mozo”.

Posteriormente baixarase celebrando a vitoria ou derrota facendo soar cornos ou caramuxas e portando fachos accesos para alumear o camiño.

Dende a organización animan a país e nais que colaboren disfrazándose de castrexos, e que os rapaces leven unha lámpada, un frontal ou unha lanterna para desprazarse na escuridade.

A festa estará amenizada polo grupo de gaitas de Vilar e o grupo O Carballo das Cen Pólas e haberá posibilidade de degustar churrasco, viño e queimada con reserva previa no teléfono 607 98 43 50.

Unha festa que continuará na fin de semana xa na tarde noite do día 23 coa tradicional cacharela de San Xoán e a actuación do grupo de gaitas Tirapuxa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará