Hoxe é Domingo 14 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O IES Pedro Floriani amosa o traballo do curso na mostra aberta “ExpoFloriani”

expofloriani

O Instituto abre as súas portas este mércores 19 de xuño para dar a coñecer os proxectos educativos realizados polo alumnado no presente curso. Unha exposición que recolle proxectos de diverso tipo e ámbito dende a recuperación e o estudo do medio e as tradicións, a contribución na mellora de vida das persoas en risco de exclusión social ou a abordaxe do procesos psico-emocionais, son só algunhas das temáticas sobre as que traballou o alumnado do centro educativo ao longo do ano e que poderán verse nos stands que se situarán no patio do instituto.

O IES Pedro Floriani realiza esta feira pedagóxica aberta a toda a comunidade educativa co obxecto de dar a coñecer todo o traballo realizado ao longo do presente curso polo alumnado da ESO e Bacharelato.

Explican que esta exposición é “o resultado da clara aposta do instituto pola renovación pedagóxica e as novas liñas educativas”. Neste sentido lembran que o Centro conta cun grupo de novas pedagoxías dende hai 5 anos que lle permite que unha parte importante do profesorado estea formado en metodoloxías pedagóxicas e didácticas innovadoras a través das que o alumnado accede a un ensino de calidade baseado no desenvolvemento das competencias básicas.

O instituto entende o centro de ensino como un espazo aberto á comunidade redondelá a través dunha concepción democrática e de calidade do ensino e convida a achegarse a esta mostra que estará operativa este mércores.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará