Hoxe é Luns 22 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Extinguido o lume que afectou a catro gabarras preto dunha nave industrial en Saxamonde

lume

Foto: Policía Local Redondela

Os feitos producíanse as 21:50 horas da tarde noite deste luns cando numerosos particulares alertaban de varias explosións e da presenza dun fume negro procedente dunha nave entre os concellos de Redondela e Mos. Unha vez no lugar os servizos de emerxencia atopáronse con varias gabarras de camións ardendo, catro das cales quedaron completamente calcinadas. Polo de agora descoñécense as causas do lume.

Eran preto das dez da noite cando os veciños da  zona, alertados por varias explosións e o intenso fume procedente dunha zona con numerosa actividade industrial na parroquia de Saxamonde, chamaban ao 112 Galicia. Mobilizáronse diferentes servizos como a Policía Local, os Bombeiros de Porriño e Morrazo así como o servizo municipal de emerxencias de Mos e axentes da Policía Nacional e Garda Civil así como efectivos de Protección Civil de Redondela.

Unha vez no lugar comprobouse que había  varias gabarras de camións ardendo e que as explosións serían producidas polos pneumáticos e o gas das caixas refrixeradas. Malia os importantes danos materiais, xa que catro das gabarras arderon por completo e unha quinta resultou afectada, afortunadamente non hai que lamentar danos persoais e tanto a nave industrial como o monte colindante non se viron danados.

A investigación está en mans da Garda Civil, xa que polo de agora descoñécense as causas que orixinaron o lume.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará