Hoxe é Martes 22 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP denuncia a perda dunha subvención de 50.000 euros por non xustificala a tempo

javier bas

A subvención financiaba as obras de pavimentación e mellora dos camiños das Laxes e Carreiro da Auga na parroquia de Reboreda e do Camiño Real Laredo en Chapela e sumaba unha contía total de 50.097 euros procedente de Agader da Xunta de Galicia. Aseguran que “o concello volve perder unha nova subvención ao non executar nin xustificar a obra a tempo”.
A subvención ia destinada á pavimentación e mellora dos Camiños Das laxes e Carreiro da Auga en Reboreda por un importe de 17.329 € e do Camiño Real Laredo en Chapela por importe de 43.377 €. Os tres camiños se atopan nun estado de deterioro moi importante. O concello tiña un prazo dun ano para facer a obra pero estas actuacións, engaden dende o PP, non foron executadas.
Dende o grupo municipal do Partido Popular de Redondela lamentan que unha vez mais Redondela perda financiamento doutras administración e mais neste momento no que as contas se atopan nunha situación moi alarmante con importantes débedas aos provedores e incumprindo todos os indicadores económicos de solvencia como a período medio de pago ou a regra de gasto.
“É lamentable o estado dos camiños, pero aínda é mais lamentable que dándolle a Xunta a financiación para mellorar a situación de tres camiños, este goberno teña que devolver os cartos porque non é quen de executar a obra en tempo e forma a pesares de que tivo un ano de prazo dende que se lle comunicou a concesión da subvención.”
O voceiro do PP, Javier Bas engade que esta subvención pertence ao ano 2023, xa que no presente ano o Concello de Redondela non pode acceder a ningunha subvención da Xunta de Galicia ao no ter presentada a Conta Xeral do 2022 sendo este un requisito indispensable para poder solicitar subvencións á administración autonómica e lembra que durante o seu mandato “Redondela solicitou esta axuda en cada convocatoria séndolle concedida e executando asfaltados e melloras en diferentes parroquias”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará