Hoxe é Luns 22 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Cesantes celebra un torneo internacional benéfico a favor de Aldeas Infantís

WhatsApp Image 2024-06-13 at 13.31.23

O CD Cesantes celebra esta fin de semana, o 15 e 16 de xuño, o Torneo Internacional Benéfico San Simón CUP 2024 no Campo Municipal de A Gándara en O Viso.

Rematadas as competicións oficiais de liga, os afeccionados teñen unha cita deportiva e benéfica esta fin de semana. A competición está centrada en equipos de Fútbol 8 e, casualidade ou non, participan 8 equipos da categoría cadete, 8 equipos de infantil e 8 equipos de alevíns da contorna e de Portugal. Durante dúas xornadas os xogadores pasarán “un día de convivencia e desfrute do deporte co mellor ambiente futbolístico posible”.

O club decidiu que toda a recadación obtida no sorteo do torneo, que se realizará ao logo do campionato, sexa destinada integramente a Aldeas Infantís coa intención de “aportar un seu gran de area e recoñecer a gran labor social que realiza esta organización dedicada á infancia.  “Somos testigos do gran traballo que fan, ao ter entre os nosos xogadores nenos procedentes de Aldeas Intantís e temos o compromiso de inculcarlles valores deportivos como son a amizade, a integración ou a convivencia. Sempre buscando o benestar destes deportistas”.

O torneo está organizado polo CD Cesantes coa colaboración do Concello de Redondela, a Deputación de Pontevedra, a Real Federación Galega de Fútbol e co patrocinio de Decathlon, Locotoo, Viajes Talión, Justo Otero e Hijos SL, Construcciones Nabor e Reformas Cocinas Redondela, KCruz, Mapache Bocatería Cafetería e Marga González Estética. Dende a directiva do club animan á xente a acudir a esta cita, xa que é o primeiro torneo que organizan e afrontan con “moitísima ilusión”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará