Hoxe é Martes 22 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os hostaleiros cifran en 50.000 euros as perdas polo apagón durante as Festas da Coca

FOTO-REUNIÓN-INCENDIO

O incendio do transformador do Campo da Feira deixou sen subministro eléctrico as vivendas e negocios da rúa Xeneral Rubín, Ribeira, zona da Picota e a Esfarrapada durante varias horas o venres 31 de maio en plena celebración das Festas da Coca. Os locais de hostalaría do centro da vila víronse afectados de cheo e cuantifican nuns 50.000€ as perdas por lucro cesante. Ante esta situación estudan accións conxuntas que os axuden a compensar esas perdas.

Tras analizar as condicións dos seguros, salvo os casos nos que houbo perdas por danos emerxentes nos que xa se fixeron as oportunas reclamacións e peritaxes, os afectados atópanse que as pólizas non contemplan a cobertura do lucro cesante para a tipoloxía dos feitos que provocaron a falta de subministración eléctrica.

A Asociación de Empresarios, tras a reunión mantida pola comisión de hostalaría da entidade, propón ao Concello manter unha xuntanza para abordar medidas de axuda e compensación para as empresas afectadas.

Falan concretamente dunha perda de cartos e tempo. Explican que a situación foi moi particular “se fora un día calquera o impacto tería sido menor e non o notaríamos tanto na facturación” pero produciuse nun dos días máis fortes do ano, durante a celebración das festas locais. Engaden que os locais fan neses días cadros especiais para o persoal con horas extras, persoal que estivo parado durante horas esperando o restablecemento do servizo que non logrou chegar a tempo de salvar a noite, “cando inicialmente se nos dixera que nunha hora estaría todo arranxado, tería sido mellor pechar dende o principio que estar horas esperando. Para nos foi unha perda de cartos e de tempo”.

Falan tamén de clientes que marcharon sen pagar “O propio incendio converteuse nun espectáculo e moitos dos clientes da terrara levantáronse e marcharon sen pagar, algo insólito”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará