Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detidos os tres furtivos que ameazaran ás mariscadoras de Redondela

furtivos

Os detidos son tres homes veciños de Poio de 24, 35 e 36 anos quen foran sorprendidos en varias ocasións subtraendo marisco nos bancos de Redondela e Moaña. Con todo, non puideran ser detidos ata o de agora. Os tres homes quedaron en liberdade e están a espera de xuízo logo de que as dilixencias foran entregadas no xulgado de garda de Redondela.
Axentes da Garda Civil detiveron tres homes como presuntos autores dun delito de furtivismo pola extracción ilegal de ameixa en zonas de Redondela, Poio e Moaña. A investigación iniciouse tras varias entrevistas mantidas por axentes do Seprona con membros das confrarías e tralas denuncias inerpostas polos pósitos que recollían ameazas por parte dos furtivos e reflexaban o prexuizo e conómico que lles causaba esa actividade ilegal.
De feito, a actual patroa maior de Redondela en funcións, Nisi Otero explicaba no mes de marzo que se trataba dun grupo organizado que levaba meses levando marisco do litoral de Redondela e engadía que, ademais do prexuizo económico para as mulleres que viven dese traballo, sumábase o temor ante posibles represalias por parte dos furtivos que as ameazaran en varias ocasións.


Os furtivos, cada vez que eras detectados, tiraban o marisco polo que era imposible proceder a súa detención. De feito, a Garda Civil ten constancia de que o pasado 19 de febreiro abandonaron na zona da Portela un total de 75 kilos de ameixa xapónica cando foron descubertos fuxindo do lugar.
Finlamente, e tras unha complexa investigación, a Garda Civil logrou localizar e identificar aos posibles autores destes feitos así como os vehículos empregados para desprazarse e transportar a mercancía roubada, logrando a súa detención. Agora están a espera de xuízo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará