Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello asesorará aos afectados polo apagón provocado polo incendio do transformador do Campo de Feira

lume

Foto: Fon Decón

As vivendas e negocios da rúa Xeneral Rubín, Ribeira, zona da Picota a Esfarrapada estiveron varias horas sen subministro eléctrico a consecuencia do lume que se producía na tarde noite do pasado venres no transformador que se atopa na base dun dos piares do viaduto. Malia o susto inicial, a mobilización dos servizos de protección civil, policía e bombeiros do Porriño permitiu acordoar a zona e sufocar o lume, que quedou extinguido ao redor das 23:00 horas. Máis complicado foi recuperar o servizo nas vivendas afectadas, polo que desde o Concello de Redondela ofrecen información e asesoramento para que a veciñanza poida facer as reclamacións que estimen oportunas ante a compañía eléctrica.

Lembramos que os feitos producíanse ao redor das 21:00 horas do venres pouco antes de comezar os concertos do Rock Redondela enmarcados dentro da programación das festas da Coca. Policía Local, bombeiros do Porriño e efectivos de Protección Civil traballaron na extinción do incendio que se deu por sufocado contra as once da noite. O corte no subministro eléctrico afectou as vivendas e locais das Rúa Xeneral Rubín e Ribeira así como A Picota e a Esfarrapada, así como as propias barras instaladas na zona da festa.

A compañía eléctrica despregou un amplo dispositivo que traballou durante toda a noite para arranxar a avaría, de gran envergadura. As zonas afectadas foron recuperando a electricidade ao longo da noite e de madrugada quedaba restablecido o cen por cen do subministro. As causas da avaría, que se produciu por un incendio no transformador, estanse a investigar, pero queda descartado que tivese que ver coas instalacións da festa e os concertos “xa que teñen os seus propios xeradores eléctricos”.

A avaría deixou sen electricidade durante varias horas a ducias de vivendas e establecementos de hostalaría, que viron afectada a súa actividade. Desde o Concello de Redondela ofrecerase información e asesoramento para que a veciñanza poida facer as reclamacións que estimen oportunas ante a compañía eléctrica.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, agradeceu o labor dos servizos implicados tanto na reparación da avaría como na seguridade das persoas que se atopaban na zona pola celebración da festa da Coca” nunha tarde noite complicada na que “evitar riscos para as persoas era a nosa prioridade” .

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará