Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha Coca a ritmo de rock

coca

Foto: Protección Civil Redondela

O bo tempo marcou unha xornada festiva en Redondela na que a danza das espadas e as penlas volveu congregar milleiros de persoas no centro da vila, que previamente percorreron as súas rúas para admirar os tapices florais que con dedicación fixeron grandes e cativos na xornada anterior. Hoxe a cita será coa música rock dos grupos Chocolate Sexy, Volvoreta, RMS e como cabeza de cartel a formación Reincidentes. Actuarán no campo da feira a partir das 21:00 horas e ata a madrugada.

A praza da Casa da Torre e a Praza da Constitución foron os espazos máis concorridos para admirar unha danza  que sempre crea expectación, coas Burras e as Penlas dando voltas ao ritmo da gaita e o tamboril nunha coidada escenografía xunto cos danzantes.

As festas arrancaban co pregón de Sonia Carrera na tarde do mércores, un pregón que foi unha sentida homenaxe a todas as tradicións que fan da festa da Coca unha celebración única: as Burra e as Penlas, a Danza das espadas e as alfombras florais, tradicións que hai que manter porque “sen tradicións non temos memoria e Redondela ten unha memoria infinita”.

Hoxe as citas principais xirarán en torno ao deporte e a música rock. Así pista da Xunqueira a a Alameda de Redondela acollerán esta tarde o campionato de balonmán na rúa con presenza de nenos e nenas das diferentes  categorías dos clubs de Chapela, Choqueiras e Sar.

Unha intensa xornada de deporte que arrancará ás 18:00 horas do venres 31 enmarcada dentro da programación das Festas da Coca con presenza de equipos de biberón, prebenxamín, benxamín e alevín.

A partir das nove a cita principal será musical coa actuación de Chocolate Sexy en primeiro lugar, seguidos de Volvoreta e RMS. Ao redor da unha da madrugada subirase ao escenario o grupo Reincidentes. Mañá a atracción principal será a música de Revolver, tamén no Campo da Feira.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará