Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concentración en Pazos para reclamar a recuperación do servizo de pediatría

bng pazos

O BNG convoca unha concentración diante do centro de saúde este sábado 1 de xuño as 12:00h en contra da eliminación do servizo de pediatría no centro de saúde de Pazos de Borbén. Unha mobilización que busca amosar o rexeitamento da veciñanza aos recortes nos servizos públicos e reivindicar unha atención primaria con médico e pediatra. Por outra banda,  instan ao alcalde a levar ao seguinte pleno unha declaración institucional para unir a todas as forzas políticas do concello na defensa da sanidade.

Os nacionalistas convidan a todos os veciños e veciñas de Pazos de Borbén a que loiten polo seu centro de saúde presentando reclamacións e asistindo ás mobilizacións que se convoquen neste sentido, como a de mañá sábado para defender a sanidade pública no concello.

Dende o BNG solicítase que se dea unha rápida solución e que se repoña de inmediato a pediatra en Pazos, lembran que a final de ano o SERGAS anunciou o reforzo da atención deste centro de saúde cun novo médico “reforzo que a dia de hoxe non se fixo efectivo”. Co obxecto de facer máis forza neste sentido, a formación política presentou unha proposición non de lei no parlamento Galego, para recuperar o servizo de pediatría cun horario amplo que mellore o servizo e facilite a conciliación familiar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará