Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

700 persoas xa descargaron a Tarxeta Cidadá virtual que busca facilitar as xestións municipais

antonio cabaleiro

Esta ferramenta busca facilitar as xestións municipais permitindo reservar instalacións deportivas, participar en enquisas e acceder á canle audiovisual Redondela Aberta así como a toda a información da páxina web do Concello. Logo dun mes da súa posta en marcha foron máis de 700 as persoas que descargaron esta aplicación dispoñible tanto en iOS como Android.

A Tarxeta Cidadá Virtual implica unha nova maneira de achegar a Administración local á veciñanza, axilizando trámites e ofrecendo máis información, ademais de permitir a reserva de instalacións deportivas ou a adquisición de entradas para eventos culturais. Así o subliña o concelleiro de Novas tecnoloxías Antonio Cabaleiro quen salienta que con esta ferramenta o usuario “pode facer xestións en calquera momento e dende calquera lugar, o que supón dar un paso máis para adaptar a Administración local aos novos tempos”.

Unha das prioridades do Concello foi chegar ao maior número posible de veciños e usuarios, de tal xeito que a tecnoloxía supoña unha democratización dos servizos e non unha barreira para unha parte da poboación. “A idea era sacar unha app totalmente intuitiva e que estea ao alcance de toda a veciñanza”, resalta Cabaleiro quen destaca entre as súas principais funcionalidades a existencia dun módulo de participación cidadá mediante o que se pode tomar parte en enquisas ou enviar suxestións.

Tamén posibilita o acceso á canle Redondela Aberta, un espazo audiovisual onde ver o deporte local, actos culturais, celebracións e moitos máis contidos que se irán incorporando. No eido deportivo, incorpora a posibilidade de reservar pistas de pádel e de tenis e o acceso directo á nova plataforma de streaming do concello.

Ademais, nos vindeiros meses está previsto habilitar un módulo de compra de venda de entradas para eventos de carácter cultural.

A creación e posta en marcha da Tarxeta Cidadá Virtual enmárcase dentro das Liñas de Actuación LA13 “Conectar a Administración co cidadán” e da LA14 “Mellorar os sistemas de goberno” da EDUSI Reondela 2020. A inversión total que se realizou nesta liña de actuación é de 163.955 €, dos cales 131.164 € proveñen dos fondos FEDER e o 20% restante, 32.791 €, son achegados polo Concello de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará