Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rescatado o condutor do camión que envorcaba na N-550 á altura de Soutoxusto

camion

As labores de excarceración por parte dos servizos de emerxencia prolongáronse durante máis de dúas horas debido ao estado no que se atopaba o condutor, completamente aprisionado na cabina e co vehículo practicamente no aire logo de envorcar na estrada e precipitarse por un lateral da vía. O home, de 63 anos de idade, estivo consciente en todo momento e foi rescatado ferido leve e trasladado en ambulancia ao Hospital Cunqueiro.

Unha doce persoas, efectivos do SEIS de Redondela, Bombeiros de Vigo e GES de Mos, traballaron arreo durante máis de dúas horas para rescatar ao condutor do vehículo que quedara aprisionado no interior da cabina logo de que o camión envorcara e caera polo lateral da N-550 no lugar de Soutoxusto.

A maiores foi precisa a intervención da Policía Local e Garda Civil que se desprazaron ao lugar nada máis coñecerse o sinistro, contra as once da mañá, así como a actuación dun guindastre que se encargou tamén de estabilizar o vehículo.

Os feitos tiñan lugar ao redor das 11:00 horas cando o condutor do vehiculo, que circulaba en dirección Redondela-Arcade pola N-550, perdeu o control do camión que conducía, un tráiler de transporte de contedores, debido a un desprazamento da carga, segundo explicou aos efectivos do SEIS.

A consecuencia deste feito o camión envorcou invadindo o carril contrario e precipitándose por un lateral da vía.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará