Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha pelexa entre dous pais nun partido de fútbol base en Redondela require intervención policial

Campo_do_Choco

Os feitos tiveron lugar na mañá do sábado no campo de Santa Mariña onde se estaba a disputar o campionato de Fútbol base organizado polo CD Choco. Axentes da Policía Local tiveron que intervir logo de seren alertados por un espectador dunha liorta entres dous homes que se estaban a pelexar na bancada. Un dos implicados achegouse ao centro de saúde cunha posible fractura do tabique nasal.

lamentable suceso o acontecido na mañá do pasado sábado nas instalacións deportivas de Santa Mariña. A que debería ser unha xornada para disfrutar do deporte dos máis cativos onde se daban cita 24 equipos das categorías de Alevín, benxamín e Prebenxamín, viviu o enfrontamento entre dous homes, un veciño de Vigo de 34 anos de idade e outro de Xinzo de Limia de Limia de 40, pais dos xogadores.

Segundo explican dende a Policía Local, unha discusión por unha suposta cuestión deportiva acabaría co enfrontamento dos implicados que acabaron chegando ás mans recibindo un deles un puñetazo na cara. Ante estes feitos outro espectador alertou ao servizo da policía cuxos axentes, unha vez no lugar, procederon a identificar aos  protagonistas da liorta, indicándolles que abandonaran as instalacións deportivas. Os axentes solicitaron tamén a presenza de Policía Nacional ante a numerosa afluencia de xente no campo.

Dende o servizo policial lembran que este tipo de condutas poden acarrrexar sancións exemplares. Subliñan que ademais da correspondente multa aos implicados poderían prohibirlle o acceso a recintos deportivos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará