Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Marcial Pérez: “Queremos que o PXOM saque o tráfico pesado do centro de Chapela”

chapela

O presidente da Asociación de Veciños explica que para diminuir o paso de camións polo centro da parroquia é necesario que se constrúa un vial dende Aucosa ata a rotonda de Rande e que as inmediacións da rúa José Fernández pase a ser zona de equipamentos municipais. Anuncian que presentarán alegacións ao Plan Xeral neste sentido. Lamentan a oportunidade perdida no que se refire á creación dunha senda que comunique Chapela con Redondela pola costa, pasando polo Meirande.

Unha zona de moitos kilómetros que queda pendente do seu desenvolvemento no futuro, o cal fai moi difícil que se realice, explica Marcial Pérez quen engade que un paseo destas características sería un aposta clara polo benestar da veciñanza de todo o concello e un pulo ao turismo.

Insisten en que logo de corenta anos cun urbanismo condicionado por unha normas subsidiarias completamente obsoletas, é fundamentar que o PXOM se aprobé malia que presenta algunhas carencias.

Aplaude a Asociación que no Plan, xa aprobado inicialmente, se contemple a protección das marxes dos ríos e do litoral así como que se contemplen viais para comunicar vivendas que actualmente carence de acceso viario algo que entende é gravísimo pero insiste en que non poden estar contemplados dentro de Peris que precisan da inversión privada para o seu desenvolvemento”.

Anuncian que presentarán alegacións por exemplo, para que os viais que se formulan dentro do Plan “sexan realistas, xa que hai zonas nas que actualmente o vial é de 3 metros e contémplase a súa substitución por outros de 8 cando hai casas nas súas beiras. Iso é inviable, por iso demandamos que isto se rectifique”.

Outra reclamación pasa porque se faga un vial dende a zona de Aucosa ata a rotonda de Rande para sacar o tráfico pesado do centro de Chapela.

No mesmo sentido reclaman que a zona na que se atopa a nave Arcelor Mittal na rúa José Fernández López, pase a ser zona de equipamentos municipais.

Marciel Pérez anima á veciñanza a presentar alegacións “porque é algo sinxelo e este é o momento de facelo se queremos mellorar o noso concello, xa que en caso contrario igual hai que esperar outros 40 anos ”.

Entenden que a reunión debía terse feito con anterioridade “non a un mes de que remate o prazo de presentación de alegacións” pero agradecen a boa disposición do equipo redactor á hora de volver reunirse con eles na vindeira semana.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará