Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O servizo de limpeza recolle cada día máis de mil cabichas en Soutomaior

cabichas rúa de soutomaior 02

Trátase dunha acción que afecta ao problema de limpeza e imaxe do municipio pero tamén un problema medioambiental xa que cando chove moitas desas cabichas acaban na rede de sumidoiros de pluviais o que fai que vaian directamente á ría de Vigo. Os lugares onde máis se detectan as cabichas son nas inmediacións de espazos públicos e dalgúns establecementos hostaleiros.

O servizo de limpeza está a facer unha exhaustiva labor de limpeza no concello e alertan do grave problema que están a supoñer algúns actos incívicos como son a tirada de cabichas na rúa ao día. Segundo trasladan dende este operativo recóllense máis de 1000 cabichas diariamente.

Dende o Goberno Local insisten en que ademais do problema de limpeza de rúas e imaxe do concello, tamén se trata dun problema medioambiental xa que cando chove moitas desas cabichas acaban na rede de sumidoiros de pluviais o que fai que vaian directamente á ría de Vigo e afectan ademais aos bancos marisqueiros.

Dende o goberno local están a traballar nunha ordenanza para controlar este tipo de actos incívicos que provoca unha minoría da poboación. Entenden que é preciso concienciar de que cando alguén tira unha cabicha ao chan está danando ao medio ambiente.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará