Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ferido moi grave un mozo de 24 anos nun accidente laboral na estación de Redondela

renfe

O operario sufriu unha descarga eléctrica cando traballaba na vía férrea. Foi reanimado e trasladado en estado moi grave ao hospital Alvaro Cunqueiro de Vigo. Os feitos producíanse ás 3:30 horas da madrugada de hoxe e, segundo explican dende o 112 Galicia a descarga puido producirse pola manipulación da catenaria ou por outro tipo de elemento da circulación ferroviaria.

O mozo, veciño de A Pobra, estaba a traballar enriba dunha máquina na propia vía do tren cando sufriu unha descarga cuxas causas están a ser investigadas. Eran as 3:30 horas da madrugada cando un compañeiro alertaba da situación mediante unha chamada ao 112 Galicia explicando que estaban a traballan na vía férrea, próximos á estación de Redondela, cando o mozo sufriu a descarga quedando inconsciente, polo que solicitaba a intervención médica na maior brevidade. Ata o lugar desprazáronse profesionais de Urxencias sanitarias de Galicia-061 así como axentes da Policía Local e Nacional.

Minutos máis tarde tamén se achegaron os Bombeiros do Porriño xa que o ferido caeu sobre a plataforma na que traballaba, a uns 8 metros de altura sobre a vía férrea, lugar no que comezaron a súa reanimación sendo trasladado a continuación en estado grave ao hospital Alvaro Cunqueiro.

En canto a circulación de trens, o persoal de ADIF explica que na zona na que se produciu o accidente é de dobre vía, polo que, malia que a zona permaneza cortada para continuar coas investigacións do suceso, os trens avanzan pola outra vía.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará