Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha Festa da Coca a ritmo de rock con Revolver e Reincidentes

coca

Digna Rivas e Rita Pérez con Rodrigo e Pablo, bailaríns da Danza das Espadas

As festas arrancarán o 29 de maio e desenvolveranse ata o 2 de xuño cunha programación marcada pola tradicional danza das espadas e as penlas así como a elaboración das alfombras florais. Cinco días de festa nos que a música estará moi presente coa banda sevillana Reincidentes, os grupos locais RMS, Chocolate Sexy e Volvoreta e a banda de Carlos Goñi, Revover, que actuará o sábado no Campo da Feira. Nesta edición a pregoeira será a “burra” Sonia Carrera Piedras.

A Festa da Coca comezará na mediatarde do mércores 29, co desfile de Xigantes e Cabezudos polas rúas da vila xunto ao grupo de gaitas Airiños de San Simón. A orquestra de Saxos actuará na Praza do Concello e a inauguración oficial será ás 20:00 coa lectura do pregón a cargo de Sonia Carrera Piedras, que durante anos bailou como “burra” na tradicional danza das Penlas. Celebrarse tamén a homenaxe ás persoas que traballaron nas alfombras florais: Cristina Rodríguez Miñán, Gerardo Fernández, Claudina Barros Vázquez, Mari Luz Iglesias López, María Ricón Tomé, Nieves Fernández Pazos, Maritina Lores e Jose Carlos Balea Rodríguez. e aos bailaríns da Danza das Espadas Olimpio e Pablo Giráldez Río. Realizarase tamén a homenaxe ao mordomo Benito Dosantos Gómez antes de proceder ao acendido da iluminación da festa.

Os actos do xoves, festividade da Coca, comezarán ás 11.00 co traslado da Virxe “A Gabacha” da Igrexa de Vilavella á Igrexa de Santiago de Redondela, acompañado pola Danza das Espadas, das Penlas e a Banda de Música de Redondela. Logo dos actos relixiosos, sobre a unha da tarde, terá lugar a procesión polas alfombras florais e o baile da Danza das Espadas e das Penlas será na Praza da Constitución. Baile que se repetirá o domingo pero nesa xornada será na Praza de Ribadavia.

Actuacións musicais

En canto a música nocturna, o mércores haberá verbena coa orquestra América de Vigo e o xoves con Cinema. O venres, mantendo a tradición dos últimos anos, será unha noite de rock cos os grupos locais Chocolate Sexy, Volvoreta e RMS e o peche cos sevillanos Reincidentes. O sábado o público poderá gozar do concerto de Revólver, liderado polo artista Carlos Goñi. A continuación actuará a orquestra Galilea e o DJ Rodri Vegas. Xa o domingo as festas pecharanse cos concertos da Banda de Música de Chapela e a orquestra La Fórmula.

Unha programación musical da que nos falaba a concelleira de Cultura, Rita Pérez Táboas.

Rita Pérez, Concelleira de Cultura

A alcaldesa Digna Rivas salienta tanto a calidade das actuacións musicais como “a aposta decidida deste goberno polos grupos e artistas locais, que estarán presentes en toda a programación, xa que Redondela ten moito talento e é a nosa obriga poñelo en valor, tanto aos grupos que teñen xa unha longa traxectoria como as novos valores da música local”.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará