Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Colexio de Reboreda edita un libro para conmemorar o aniversario do concurso “Da Reboraina”

da reboraina

O CEIP Reboreda celebra este ano o 25 aniversario do concurso literario “Da Reboraina”. Para conmemorar unha data tan especial editan en colaboración co Concello un libro no que se recollen as obras premiadas aos longo deste anos. A presentación terá lugar este xoves día 16, véspera das Letras Galegas, no propio centro escolar.

Desde o Servizo de Normalización Lingüística explican que este libro é unha edición facsímile “que reproduce os textos orixinais, coa caligrafía dos nenos e nenas que son os protagonistas deste concurso literario”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará