Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR queda sen o ascenso á Primeira Nacional Masculina

sar

O equipo redondelán caeu con dignidade no sector disputado na localidade vasca de Zumaia esta fin de semana e no que xogaba o pase a primeira nacional xunto cos equipos Lecomar de Canarias, o BM Colindres de Cantabria (Cantabria) e os anfitrións do Labarra Taberna, equipo que se proclamou campión logrando o ascenso. A SAR OP Mobility, malia non lograr o obxectivo do ascenso, pelexou e deu a cara neste sector, no que lles faltou a sorte necesaria nos momentos clave.
O último partido disputado onte foi ante o Taraconte, un encontro que perderon pola mínima cun marcador de 31-30. Malia que xa non tiñan opcións para o ascenso os xogadores volveron dalo todo no campo como xa o fixeran nas dúas xornadas anteriores.
Nada máis chegar ao País Vasco xogaron o seu primeiro partido ante o Colindres. Os xogadores arrancaron mal cunha primeira metade onde os rivais lograron unha renda de ata 8 tantos. Con todo, o equipo redondelán non baixou os brazos e logrou recompoñerse acurtando distancias e igualando o encontro a falta tan só de 12 minutos para o final. Con todo serían os cántabros quen se levaron a vitoria cun axustado 27-26.
O sábado, aínda con opcións cara o ascenso, a SAR medíase cos anfitrións. O partido contra o conxunto local foi igualado de principio a fin, cargado de intensidade pero onde o esforzo dos redondeláns non foi suficiente. Caeron por 29-25. A SAR OP Mobility quedaba sen opcións pero iso non impediu que pelexaran tamén o último partido ante o Taraconte.
Un sector que se saldou a favor do Labarra Pulpo de Zumaia que regresa así a Primeira Nacional, terceira categoría do balonmán estatal por primeira vez en oito anos. A SAR confía en volver intentalo na vindeira tempada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará