Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Policía Nacional investiga a aparición dun dedo nun local de hostalaría de Redondela

policuia

Os feitos tiveron lugar o luns 29 abril cando as traballadoras que estaban a limpar o establecemento atoparon un dedo no chan. Presumiblemente sería o dedo dun home e corresponderíase co polgar dunha man. A Policía Nacional ten agora en marcha as investigacións de cara a tentar pescudar a procedencia do dedo.

Axentes da policía local e nacional desprazáronse ao lugar que funciona como cafetaría e panadería, tras recibir o aviso das empregadas e procederon a fotografar o dedo e trasladalo a dependencias policiais. Iniciouse así a investigación correspondente co obxecto de tratar de identificar a persoa a quen correspondería esta falanxe. Unha identificación que pode ser complicada xa que está condicionada a que a pegada dactilar correspondente a ese individuo estea almacenada nas bases de datos que manexan os servizos de seguridade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará