Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Soutomaior a un partido do ascenso directo

06882319-fb9e-4f53-9753-221410d84ff2

O equipo sénior do CD Soutomaior vive un momento doce. Atópanse a un partido de conseguir o ascenso directo a Primeira Galicia na recta final da liga, pero ademais están destacando na Copa Rías Baixas onde xogan contra equipos de categorías superiores. Lograron o pase aos cuartos de final desta competición autonómica que permite clasificarse para a Supercopa Galicia.

Comezaron a tempada algo baixos de forza e sen destacar na clasificación xeral, o esforzo feito polos xogadores na segunda volta fixo que se mantiveran máis estables e avanzaran cara o podio. Segundo Jaime Calvar, adestrador dos sénior, “a vitoria contra a Unión Dena a fin de semana pasada foi clave”. Arrebatáronlle o segundo posto aos de Meaño e sumaron os puntos suficientes para achegarse ao ascenso.

Quedan 3 xornadas para rematar a liga e o Soutomaior só precisa gañar un partido para conseguir o ascenso de forma matemática. O obxectivo é conseguilo xa esta fin de semana na súa visita ao Xil o domingo 5 de maio. Un enfrontamento no que para o técnico “vai ser complicado, porque o rival está moi necesitado en zona de descenso e se xoga a permanencia”, polo que os recibirá con forza.

No caso de gañar ao Xil e ascender farían historia no club. O círculo deportivo nunca estivo en Primeira Galicia, unha categoría que implica maior esforzo económico e polo cal precisan do apoio dos patrocinadores, afeccionados e socios. “Aínda non está asegurado o ascenso, temos que arrincar 3 puntos. Sentimos o agarimo da xente que nos rodea e cumprir este obxectivo sería espectacular para os xogadores e tamén para o pobo”.

O Soutomaior está crecendo cada tempada. Completaron todas as categorías base menos a prebenxamín, equipo que teñen intención de formar o ano que ven. “A canteira está dando bos resultados e os xuvenís son un gran apoio para os sénior. Loitaron por chegar á fase de ascenso a primeira e o conseguiron”. Outro exemplo son os alevíns que “quedaron de campións do seu grupo” e os infantís que “están loitando polo primeiro posto.”

O próximo domingo visitan ao Xil, un partido que podería ser definitivo e que no caso de gañar conseguirían o ascenso directo a Primeira Galicia e farían historia no club.  Fóra da liga, o Soutomaior clasificouse para os cuartos de final da Copa Rías Baixas Pontevedra onde se enfrontarán ao resto de grupos galegos que loitan por chegar á Supercopa Galicia. O encontró aínda está por determinar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará