Hoxe é Sábado 4 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As mozas de Vero Posada despiden a liga con vitoria

sar

Foto: Club SAR BM

O partido disputado na bomboneira finalizou cun axustado 31-29 no partido entre a Sar Rodavigo e o Hand Vall Valladolid. As de Redondela lograron pechar unha mala racha de resultados negativos tras cinco derrotas consecutivas, e despedir a tempada cunha vitoria na casa. A Sar Rodavigo adiantouse no marcador dende o inicio e ao remate do primeiro tempo tiñan unha vantaxe de 18-13. Na segunda metade o Valladolid foi quen de acurtar distancias pero non de facerse co partido.

O equipo de Redondela que lograra a permanencia hai semanas, despide así a tempada con 21 puntos e nun meritorio oitavo posto na División de Honra Prata Feminina, categoría na que volverá militar na vindeira tempada.

Dende o equipo agradecen ao seu principal patrocinador, Rodavigo, pro facer posible que o proxecto siga adiante.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará