Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Malestar en Vilar ante un PXOM que non responde ás necesidades da parroquia

vilar

As asociacións veciñais e sociais de Vilar expresan o seu rexeitamento a un plan xeral que amplía as afeccións do aeroporto, da A-59 e a ubicación de industrias xunto ás casas. Este mércores trasladarán ao goberno local e ao equipo redactor as súas demandas que pasan porque o ordenamento dote de maior solo edificable residencial para que os veciños non teñan que abandonar a parroquia e que evite novas afeccións. A reunión terá lugar hoxe ás 17:00 horas no Centro Cultural da Parroquia.

As asociacións amosan o seu descontento cun PXOM que “non recolle solucións ás necesidades de Vilar e inflúe negativamente de cara ao futuro ao contemplar novas e maiores afeccións”. Lamentan as afectacións que sofre a parroquia a conta das infraestruturas existentes “sendo a do aeroporto a máis evidente” así como o “futuro trazado da autovía A-59 que atravesa un núcleo rural e se leva pro diante o campo de fútbol”.

Outras das queixas que fan patentes é a falta de desenvolvemento urbanístico da contorna do colexio de Porto Cabeiro “que queda asfixiado nun entorno industrial e abocado a loitar pola súa supervivencia e para garantir unhas condicións saudables como xa acontecera na súa loita contra Hormigones Vigo”.  Tamén subliñan estes colectivos que a superficie da parroquia vai diminuíndo, feito do que responsabilizan ao Concello “por ignorar as demandas presentadas para a corrección de lindes” afirmando que os límites que recolle o PXOM están “totalmente desprazados da súa ubicación real chegando a expulsa da parroquia casas que toda a vida pertenceron a Vilar”

En canto ao aeroporto aseguran que o seu perímetro increméntase “engulingo numerosas vivendas, mentres que os novos núcleos rurais limitáronse a establecer como solo consolidados as vivendas xa existentes e deixando fóra deses novos núcleo outras edificación colindante de xeito completamente arbitrario.

Critican finalmente que na definición de zonas industriais non se teñan en conta os accesos nin os servizos existentes nin a súa ubicación xunto a vivendas ou captación de augas que levan máis de 50 anos construídos.

Temas todos eles que de seguro abordarán na reunión que se celebra esta tarde no centro cultural da parroquia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará