Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela reforzará a sinalización na praia da Punta para advertir do perigo das mareas

caseta

A Concellería de Medio Ambiente toma medidas tras o susto vivido este pasado sábado na praia de Cesantes, cando unha parella e tres menores foron arrastrados polas correntes, e reforzará a sinalización co fin de evitar que poidan repetirse incidentes fortuítos semellantes que acontecen periodicamente neste areal de Cesantes. Unha praia que non está afectada pola ondada ou o mar de fondo pero si polas correntes, influídas pola forma característica que ten o areal, o que a fai especialmente perigosa cando está subindo a marea.

A día de hoxe o cartel que advirte da existencia de “correntes perigosas” na zona da Punta está exclusivamente na caseta de madeira dos socorristas, o que fai que moitos dos bañistas que acoden a este areal non se decaten da advertencia. Para incrementar a seguridade a Concelleira de Medio Ambiente, Pilar Martínez anuncia que de xeito inmediato “previsiblemente xa a partir da vindeira semana” colocaranse dous novos carteis.

Pilar Martínez, Concelleira de Medio Ambiente

Un deles colocarase na entrada da praia mentres que o segundo será visible para todos aqueles que se acheguen a zona máis perigosa do areal, é dicir, a zona da punta onde se producen as correntes que en numerosas ocasións teñen arrastrado aos bañistas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará