Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vitoria axustada do Pazos ante o Vilalba

436575516_1101164901052740_7472628154354481490_n

TERCEIRA DIVISIÓN NACIONAL

SD Pazos de Borbén FS – Vilalba FS “B” (6-5)

Quedan catro xornadas para rematar a liga e o  SD Pazos de Borbén FS sitúanse nunha cómoda novena posición. Os de Matilla recibiron o domingo 14 de abril ao Vilalba FS “B”. Un partido interesante , porque o rival foi con forza ao estar moi preto do descenso e necesitado de puntos. A pesar do seu gran intento o Pazos impúxose no seu campo e venceu cun resultado de 6 fronte a 5. Os goleadores foron Jonás , Lolo , Pablo , Diego e Aarón.

Desta forma o Pazos saca 8 puntos aos postos perigosos ou de descenso. Aínda que non está pechada a permanencia, o seu obxectivo de seguir un ano máis en categoría nacional está moi preto. Para a semana visitan ao ED Vigo2015 no que seguro será un interesante derbi comarcal.

PREFERENTE

Campito Chapela F.S.- CVC Valladares Pax Floor (3-6)

O Campito perde ante o líder.  Recibiu  ao Valladares e, a pesar dos intentos dos de Chapela non conseguiron superalos na casa. Mantéñense de segundos pola cola na recta final da liga.

Por outra banda e na mesma liga, o Redondela FS descansou esta fin de semana por ter programado un partido contra o Cigarrón. O rival retirouse da competición fai un par de xornadas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará