Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Peche da rúa Estación de Chapela por obras de sinalización

´rúa estación

A rúa Estación en Chapela permanecerá pechada ata o vindeiro mércores para proceder ao marcado das prazas de estacionamento. Desde a concellería de Medio Ambiente informan que na xornada de hoxe procederase á limpeza da rúa e o martes realizaranse os traballos de sinalización e pintado da zona de carga e descarga e a delimitación das prazas de aparcadoiro. Está previsto que a rúa reabra o servizo ás 8 da mañá do mércores.

Nestes día si se permitirá o paso aos usuarios dos garaxes, malia que desde o departamento solicitan que o tránsito por esta rúa sexa “o mínimo e indispensable” para facilitar os traballos. Villar lamenta as molestias que este peche poida ocasionar durante os dous días que durarán os traballos, e sinala que son moi necesarios para facilitar o traballo dos camións de recollida do lixo “que nestes momentos debido a como estacionan algúns vehículos teñen problemas para acceder aos colectores”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará