Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Choco máis preto de ascender a Terceira Federación

WhatsApp Image 2024-01-19 at 13.59.36 (4)

Esta fin de semana futboleira deixou dúas derrotas e dúas vitorias claras entre os equipos locais e da contorna. O Choco e o Soutomaior continúan no bo camiño cara o ascenso, mentres que o Cesantes mantense de pechacancelas do grupo e achégase cada xornada un pouco máis ao descenso. Pola súa banda, o Arcade semella que ten a permanencia asegurada.

PREFERENTE

Cultural Areas- CD Choco (0-3)

Os de Jose Tizón retoman a senda da vitoria con dúas xornadas seguidas de bos resultados. Despois da súa vitoria ante o Ribadumia, o pasado domingo vencían na súa visita ao Cultural Areas. Este resultado os sitúa na terceira posición, pisando ao Valladares con só dous puntos de diferenza entre ambos, e con moitas posibilidades de ascender a Terceira Federación. A vitoria foi clara cun gol temperá no minuto 16 e outro seguido no minuto 21, ambos marcados polo capitán Óscar Comis.

Mantiveron a vantaxe na segunda parte e o Areas sufriu moitos apuros ante un rival que manexou o partido de principio a fin. No minuto 58, Anxo Vilas marcaba o gol definitivo que deixou o resultado de 0 fronte a 3. A próxima xornada reciben ao UD Atios.

PRIMEIRA GALICIA

UDC Vilaboa –  CD Arcade (1-0)

O Arcade perdía na súa visita ao  Vilaboa cun resultado de 1 fronte a 0. Están sufrindo un mal momento con 3 partidos perdidos seguidos. Este último foi un enfrontamento complexo porque os rivais, situados de segundos pola cola, demostraron no campo estar moi necesitados de puntos . O equipo continua de decimo primeiros e a próxima xornada reciben ao Atlético Cuntis.

SEGUNDA GALICIA

Marín CF –CD Soutomaior (0-4)

O CD Soutomaior sitúase en cuarta posición, nunha zona da táboa que permite o ascenso e na que os puntos están moi axustados dun equipo a outro. Os de Amoedo vencían na súa visita ao Marín, rival directo en quinta posición. Afianzan desta forma a súa posición na táboa e a posibilidade de ascenso. A próxima xornada reciben ao equipo “A Lama”. Un partido en principio sinxelo por atoparse os rivais no medio da táboa.

CD Cesantes – SD Romay (0-2)

Na mesma liga, o CD Cesantes desprazouse ao Campo de A Gándara para xogar contra o Romay. O resultado foi negativo para os redondeláns que continúan de pechacancelas do grupo e co descenso cada vez máis preto. A próxima xornada visitan ao Zacande FC.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará