Hoxe é Venres 8 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A mellora dos accesos ao colexio Igrexa non será unha realidade antes de tres anos

acceso igrexa

Así o explicou o Concelleiro de Urbanismo, Antonio Cabaleiro no transcurso do debate dunha moción presentada polo BNG na que solicitaban a renovación do vial de acceso a este centro educativo, o Camiño da Buraca, actualmente en moi mal estado. O edil explicou que esta actuación, que suporá un investimento total que podería superar os 700.000 euros, vaise demorar no tempo ao ser necesario expropiar terreos para ensanchar a estrada e construír beirarrúas. Os nacionalistas esixen que neste mesmo ano se constrúa unha senda escolar segura que garanta a seguridade de cativos e cativas.

A moción presentada polo BNG foi aprobada por unanimidade e na mesma instase ao concello a que se constrúa de forma inmediata unha senda escolar segura de acceso ao colexio Igrexa que conecte co núcleo de Chapela e a estada Nacional 552 e que poida ser empregada pola comunidade educativa e principalmentes polos nenos e nenas antes de rematar o ano. Reclamaba tamén ao concello que poña sobre a mesa prazos e orzamento para acometar o arranxo dos accesos actuais. Duas propostas que insistía o nacionalista Xoán Carlos González, buscan garantir a seguridade dos cativos e cativas dese centro educativo.

Xoán Carlos González, BNG

Contestaba o edil de urbanismo, Antonio Cabaleiro que o proxecto xa está redactado e entregado porque “somos conscientes de que o camiño da Buraca está en moi malas condicións”. Con todo, engadía que iso non quere dicir que a obra vaia ser inminente xa que agora arrancará unha nova fase “que se vai demorar no tempo porque obrigará a expropiar terreos para construír as dúas beirarrúas que contempla o proxecto”. Engadía que “tal e como lle explicamos a Anpa e ao equipo directivo do colexio este é un proceso complicado, que se vai demorar no tempo e ademais vai supoñer un custe elevado que superará os 700.000 euros”.

Antonio Cabaleiro, PSOE

Concretaba aínda máis o edil de Infraestruturas e sostibilidade, Roberto Villar, quen falaba de que o proceso administrativo atrasará a actuación uns tres anos. Aproveitaba a súa intervención para acusar ao goberno de Bas de non ter negociado esta obra con Audasa “o antigo colexio Igrexa tiña accesos en condicións e a súa substitución ao completo debía terse asumido por Audasa e o Ministerio de Fomento na súa totalidade, pero ao final o mal acordo so incluíu a construcción do edificio esquecéndose dos accesos”.

Roberto Villar, AER

Apoiaban tamén a moción os populares, non sen criticar que en “cinco anos que é o que levan gobernando o PSOE non se acometerá mellora alguna nesa estrada malia as demandas veciñais, cando si fixeron outras actuacións que a veciñanza non reclamaba”.

Miguel Ángel Álvarez, PP

Concluía o debate o edil do Bloque cunha intervención na que aceptaban que a obra principal se vaia demorar no tempo pero que o Concello si ten capacidade para crear a senda segura para que as familias poidan acceder a pé ao centro, actuación que entenden debe ser realidade antes de rematar o ano.

O BNG insta ao goberno a acometer a senda segura de xeito inmediato
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará