Hoxe é Xoves 9 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha pasarela de moda “para amosar o comercio local”

primevento

O primeiro Primevento celebrouse no 2022

Redondela sóbese á pasarela por terceiro ano consecutivo nun evento que se celebrará –se o tempo o permite- o vindeiro domingo día 7 no pazo de Santa Teresa. Organizado por un grupo de comerciantes de diferentes sectores este “Primevento” busca “sacar as tendas á rúa” e promocionar o comercio local.

Un comercio en Redondea que se une para amosar que o comercio local está moi vivo e no que podemos atopar de todo, sen necesidade de desprazarnos aos grandes centros comerciais ou a Internet “onde o cliente non vai atopar o asesoramento que lle ofrecemos nas tendas de proximidade”. Neste sentido Cruz Bastos anima á veciñanza “a entrar nas tendas, ver e probar, porque ninguén está obrigado a mercar, o que queremos é que nos coñezan”.

Baixo o nome de Primevento, os trescentos vinte asistentes que esgotaron as entradas en cuestión de días, poderán ver ademais corpos reais sobre a pasarela porque  “as e os modelos son todos clientes das propias tendas participantes, de todas as idades e estilos”.

Cruz Bastos, fálanos da colaboración indispensable dos e das clientes

O evento inclúe desfile con música en directo a cargo da soprano Pilar Moráguez, barra de bar e gastronomía, venta de produtos… un evento multidisciplinar organizado por diferentes comercios de Redondela que buscan así “sacar a tenda á rúa” e amosar os seus produtos dun xeito diferente. Explica Cruz Bastos dende a organización que xa antes de se celebrar “o evento é todo un éxito, tendo en conta que as entradas están esgotadas dende hai días malia que a cita non será ata este domingo”. Apunta tamén que “a venda desas invitacións animou a que algúns clientes entraran en comercios que non visitaran con anterioridade”.

Ademais de comercios de Redondela de moda, calzado, estética, perruquerías ou a colaboración de Zapataría Candi participarán tamén tendas doutras localidades veciñas como Ponteareas. A maiores A Tenda da Loura, Ultramarinos A Ponte e Papaventos serán os encargados da parte gastronómica ao remate do desfile “con portas abertas para todo o que queira achegarse”.

Esta edición é xa a terceira e, en vista do éxito, todo apunta a que haberá novas citas en anos vindeiros coa incorporación de máis comercios que se sumarán aos que xa levan participando en edición anteriores como as perruquerías Begoña Villaverde e Carmen, o centrode estética Trisquel, As floristerías Flores A&M ou a mercería Xeitosiña. Entre as tendas de roupa e zapaterías de Redondela atopamos KeCruz, Canelita ou Burbulla Artesanía ou as propostas de moda infantil que chegan dende Yirandola e Mandamamá. Súmase tamén a esta edición General óptica.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará